jueves 9 de julio de 2009
Conferencia de Xesús Alonso Montero na Feira do Libro de Vigo!

O venres 10 de xullo poderemos escoitar a Xesús Alonso Montero na Feira do Libro de Vigo, onde dará unha conferencia que versará sobre os seus dous libros máis recentes:
- Ramón Piñeiro ou a reinvención da cultura galega publicado por la Editorial Galaxia, obra na que fai un repaso da vida e obra do escritor homenaxeado o Día das Letras Galegas no seu papel de promotor da recuperación da cultura galega en plena dictadura franquista.
- Cartas de republicanos Galegos condenados a morte (1936-1948), publicado por Edición Xerais de Galicia, volume no que se inclúen 108 cartas, 41 inéditas, remitidas ao autor a través sobre todo de familiares. O resto é unha miscelánea de signos escritos antes de morir, ás veces poucos minutos antes da execución.
Ademais de Xesús Alonso Montero, participarán na conferencia Manuel Bragado e Carlos Lema.
Lugar: Feira do Libro de Vigo
Horario: Venres 10 de xullo, ás 19.30 h.
Participa nesta tertulia literaria!
Máis información na páxina web da Editorial Galaxia
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)



0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada