viernes 3 de julio de 2009
Camiño do Xacobeo 2010, apúntate como voluntario!
Como está preto o 25 de xullo, día do Apóstolo Santiago e día de Galicia, Galeteca inclúe varias seccións coa axenda dos actos culturais aos que podedes asistir dende hoxe ata o Xacobeo 2010.Ademais informámosvos de que xa podedes ser voluntarios e apuntarvos nas listas que a Consellería de Cultura e Turismo abren este mes en todos os concellos polos que pasa o Camiño de Santiago para así poderdes colaborar na organización do Ano Santo 2010 ou Ano Xacobeo 2010.
O programa de voluntariado para o Ano Santo 2010 estará aberto a todos, dende estudantes e persoas novas ata xubilados e inmigrantes con ganas de involucrarse no proxecto; a formación para os voluntarios virá da man da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo.
Para o Xacobeo 2010 os peregrinos que percorran o Camiño de Santiago e os internautas poderán participar nunha rede social en liña propia do Xacobeo, pois como novidade o Xacobeo 2010 integrarase nas novas tecnoloxías e estará presente nas principais redes sociais existentes en Internet como Facebook, Tuenti, Flickr ou Youtube.
Visitade Galeteca para estar ao día de todo o que agarda por vós no Xacobeo 2010!
Máis información na páxina web da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)



1 comentarios:
Toda la información sobre el camino de Santiago.
http://www.turgalicia.es/tg/search.asp?q=camino+de+santiago&cidi=E&search=on&x=0&y=0
Publicar un comentario en la entrada