lunes 1 de junio de 2009

Posición do pronome átono (IV)

Hoxe imos falar dos indefinidos, xunto cos cales a colocación dos pronomes persoais átonos é algo máis complexa:
  • Ninguén, nada e ningún, xa polo simple feito de seren negativos, atraen o pronome antes do verbo.

Exemplo disto atopámolo nunha páxina de La Voz de Galicia:

" (...) ninguén o vai facer por nós (...)"


  • Algo, alguén, ambos, bastante, calquera, demasiado, entrambos, mesmo, pouco, propio e todo normalmente tamén esixen a anteposición do pronome.

Vémolo nun exemplo da páxina web Galicia-hoxe:

" (...) calquera o diría(...)"


  • O resto dos indefinidos habitualmente non provocan a anticipación do pronome átono (é dicir, van pospostos) a non ser que a oración na que se inclúan se entoe dun modo enfático.

Podemos velo nuns exemplos extraídos da páxina web Caixa Galicia:

" (...) Moitas destas operacións realízanse (...)"

" (...) ambos os enfoques xustaporanse (...)"


2008 Caixa Galicia. Todos los derechos reservados.
bottom